Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela - Rúa de San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVII feita sobre outra construción conventual do século XIII. Esta feita a base de perpiaño granítico estruturada en tres rúas.

A fachada principal do século XVIII é obra do arquitecto compostelano Simón Rodríguez. Nesta fachada-telón de estilo compostelano “Barroco de pracas” destacan as formas xeométricas puras que parecen superpoñerse aos muros.
Detras podemos ver a zona de clausura, un pequeno xardín, e a igrexa.

No interior destacan varios elementos:
* Tres arcos apuntados que formaron parte do antigo refectorio.
* Varios arcos carpaneis, de reformas do XV, que se corresponden co actual coro baixo e cemiterio da comunidade.
* Un púlpito do século XVI cun escudo franciscano, único resto da primitiva edificación medieval.

O convento de Santa Clara foi declarado Monumento Nacional dende 1940.

O convento de clausura da orde das Clarisas foi fundado en 1260 con doazóns populares e a dote de Dona Violante de Castela, muller de Afonso X o Sabio. No século XVI sofre unha nova reforma e ampliación coa doazón de Dona Isabel de Granada, neta de Boabdil e abadesa do convento. O edificio actual é obra dos séculos XVII e XVIII, baixo as ordes de Domingo de Andrade, Pedro Arén, frei Gabriel Domínguez e Simón Rodríguez.
A igrexa comeza a construirse a partires do ano baixo as ordes de Pedro de Arén.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

No interior se conserva un retablo do ano 1700 obra de José Domínguez Bugarín (con imaxes dos catro evanxelistas, San Miguel Arcanxo, Santa Bárbara, a Inmaculada, San Francisco e Santa Clara) e varios altares de estilo churrigueresco (con imaxes de San Benito, San Juan Bautista y Santo Domingo, San Juan Evangelista y Santa Ursula).
Os retablos laterais son do ano 1704 adicados ao Evanxeo, A Virxe da Piedade, Santo Antonio.
Nos altares da nave aparecen Santa Coleta, Santa Catalina de Bolonia, San Xosé e a Virxe do Pilar
Existe tamén unha imaxe da Virxe “das chaves” de finais do século XIII.

Nunha das fontes do xardín podemos ver un tímpano do 1762 (posiblemente dunha das capelas do interior da igrexa) na que se representa a María co Neno, varios anxos ao seu redor, San Francisco a súa dereita, Santa Clara a esquerda, e a imaxe dunha monxa en pé.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa escrita do 19 de novembro de 2020 anuncia as negociacións do Concello de Pontevedra para a adquisición deste conxunto (ver referencias biblográficas).


Referencias bibliográficas:

http://www.santiagoturismo.com/monumentos/convento-de-santa-clara
http://www.santiagoturismo.com/rutas/convento-de-clausura-de-santa-clara
http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/3419/santa-clara?langId=es_ES
http://www.santiagoturismo.es/2014/05/convento-e-iglesia-de-santa-clara.html
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/iglesia-convento-santa-clara/idEdicion-2014-06-29/idNoticia-877091/
https://cvc.cervantes.es/artes/ciudades_patrimonio/santiago/paseo/santa_clara.htm
http://www.artehistoria.com/v2/obras/22819.htm
http://www.elcorreogallego.es/tendencias/el-correo2/ecg/la-portera-de-santa-clara/idEdicion-2015-02-15/idNoticia-916425/

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2020/11/19/concello-pontevedra-negocia-compra-convento-huerta-santa-clara/00031605785430784180236.htm
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/concello-pontevedra-negocia-compra-convento-santa-clara/202011191332541113536.html
https://www.pontevedraviva.com/xeral/69609/concello-pontevedra-negociaciones-compra-convento-santa-clara/?lang=es


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8849759611
Lonxitude: -8.54103326797
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84