Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Covarradeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Século XX,
Descrición:

Mina romana de ouro de Covarradeiras, pode que sexa anterior e a zona xa fose explotada en épocas prehistóricas.

A zona está cuberta por vexetación, inzada de eucaliptos. Todo o monte ao redor é unha plantación de eucaliptos. A mina, que ten forma de Y, comeza ao pé do monte con dous brazos que suben entre grandes pedras cortadas. Nalgúns puntos hai talladas en vertical de máis de 20 metros. En 2015 fíxose un estudio de dimensións da mina con datos lidar:
Superficie total da mina: 25.550’43 metros cadrados; 2’55 ha.
• Lonxitude máxima da mina: 267’18 metros.
• Altura da explotación: a maior diferenza de cota entre os límites inferior e superior da delimitación é de 72 metros; entre o límite superior e o centro da mina é de 65 metros.

Hai varios camiños para chegar a ela. Pola parte alta do monte abríronse pistas forestais para explotacións de madeira.

A principios do século XX vólvese a explotar a mina. E nos primeiros anos deste século XXI houbo novas propostas, que non foron adiante, de poñela novamente en funcionamento.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta: 15036016
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Non consta que se teñan feito escavacións arqueolóxicas ou estudos da mina.


Referencias bibliográficas:

http://www.usc.es/revistas/index.php/gallaecia/article/view/2752/3765 El yacimiento de Santa Comba (Covas, Ferrol): investigaciones arqueológicas en un enclave de la ruta marítima atlántica. Xosé Lois Armada Pita, Víctor Alonso Troncoso, Pedro Carrasco García, Manuela Costa-Casais, Alejandro Güimil-Fariña, Patricia Mañana-Borrazás, Carlos Otero-Vilariño. Gallaecia ISSN 0211-8653 ISSN-e 2445-3927, 2015 42 páxinas.
Catalogado no PXOM de Ferrol como A-12 (páxina 12 do pdf): http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF
Catálogo xeral Ferrol: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA002.PDF
Máis información: http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/217
E outro lugar para saber máis: http://www.mtiblog.com/2017/10/mina-marieta-mina-de-covarradeiras.html
e https://mti-minas-galicia.blogspot.com.es/2017/10/mina-marieta.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A zona é unha plantación de eucaliptos e explotacións forestais intensivas.


Onde está localizado

Latitude: 43.5450436814
Lonxitude: -8.26633214951
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84