
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Betanzos (comarca) / Curtis
Parroquia: Fisteus (Santa María)
Lugar: Godulfes
Outra denominación do ben: A Roda de Dentro, A Roda de Godulfes, Castro de Godulfes
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Ten forma elíptica, cunha croa con eixos NS duns 35m e OL duns 70m e foxo. Está situado nunha pequena elevación do terreo. Ten un antecastro ó sur duns 70 m de diámetro aproveitando o desnivel do terreo, sendo a zona mellor conservada.
Non se aprecia cal sería o acceso orixinal. As defensas están cortadas por unha estrada. Ó norte están destruídas as defensas para unir dous prados. A croa está hoxe a prado.
Pode que tivera tres liñas defensivas cara ao SO.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15032082
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2005/20050429/Anuncio108FA_gl.html concentración parcelaria de Fisteus DOG de 15 de marzo de 2005 -No caso do Castro de Gondulfes/A Roda de Dentro (GA15032082), non se poderán realizar melloras da pista que vai de Gondulfes a Boilouro, e que atravesa a croa do castro, nos ámbitos de protección integral e de protección nin vías de nova construción.
Catálogo PXOM Curtis, ficha 72: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA011.PDF
Catálogo xeral Curtis: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CURTIS/documents/26210CA000.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está moi danado por traballos forestais e gandeiros.
Onde está localizado
Latitude: 43.1460439348Lonxitude: -8.11170816422
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84