Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol (comarca) / Neda
Parroquia: Neda, Santa María
Lugar: Alto de Ancos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

É un castro fortificado de cumio, desde o que se pode observar todo o val, a desembocadura do río Grande de Xúvia e a ría de Ferrol. Nun día claro pódese chegar a ver A Coruña. Mide no seu eixo N-S arredor de 105 m, e no eixo L-0, 80 m. Pódense observar dúas murallas. A exterior ten 6 metros de ancho, e unha altura exterior de 150 cm e outra interior de 30 cm. A muralla interior tería un ancho de 350 cm, unha altura exterior de 15 m.
Segundo algúns investigadores, do muro exterior parte unha vía de 2,5 m de ancho con pequenos muros aos lados, que conduce ata un dos cumios. Pola vexetación de fieitos, así como polos espazos ao ar, pódese deducir que esta empedrado.
Do muro que rodea o cumio parte outro, dun metro de ancho aproximadamente, que baixa polo monte ao longo de 200 m. Nas beiras pódense ver restos dalgunhas edificacións. De formar unha unidade, podería tratarse dun conxunto de gran tamaño, se cadra, a famosa cidade Libunca da que falan os historiadores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catálogo do PXOM, ficha nº. 42: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEDA/documents/0242CA004.PDF
Mapa de localización: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEDA/documents/0242CA001.JPG


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A zona é unha plantación de eucaliptos cuberta por toxo, sendo reiterados os incendios nesa área. A pista que rodea o monte danou as estruturas.


Onde está localizado

Latitude: 43.5218337981
Lonxitude: -8.14046144485
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84