Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: O Grove
Parroquia: O Grove (San Martiño)
Lugar: O Grove
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa do século XV construída sobre restos doutra anterior de época románica feita a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina (con capelas laterais adicadas a San Xosé e a Xesucristo) e bóveda de canón na cabeceira. Cuberta a dúas augas.

Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso dovelada. Máis arriba unha fornela coa imaxe do patrón e unha fiestra rectangular. No cume unha pequena cruz pétrea.
No lateral dereito vemos a torre campanario de estilo barroco do século XVII, obra de Pasqual de la Torre y Ferreyro (1733-1741)

No interior destacan varios elementos, como a capela de San Xoan Bautista, situada no lateral Norte, con bóveda de crucería estrelada do século XVI e a decoración do arco apuntado de ingreso. O cravo posúe un relevo de Cristo ensinando as chagas. Na mesma bóveda podemos ver as imaxes de seis apóstoles; as xambas aparecen con decoración vexetal, máscaras e putti desnudos.

O conxunto tivo varias reformas que rematan no século XVIII coa construción da actual nave, a fachada e a torre campanario.
No século XIX se substitúe a ábsida rectangular prerrománica polo actual presbiterio semicircular.
Xa por último no século XX se reconstrue a capela do Rosario ou de Alba (obra de José Abelleira) e se construe a actual tribuna (obra de Franco Calvete).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior destaca un retablo, hoxe nunha das capelas laterais.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Concello de O Grove – Documento para aprobación inicial 2014 (Ficha AT/20)
http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/4570/igrexa-parroquial-de-san-martino?langId=es_ES
http://santamarinadozo.teatroengalicia.es/grove.htm
http://www.galiciaenteira.com/iglesia-de-san-martino-o-grove/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4893030372
Lonxitude: -8.86842772365
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84