Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rois
Parroquia: Ribasar (Santa María)
Lugar: Pazo do Faramello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado cunha moldura. O varal é cuadrangular con chafráns que soporta un capitel cúbico con astrágalo cuadrangular e liso. Ten volutas, custodia e as imaxes de San Antonio de Padua, Santa Bárbara e Santa Lucía. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana e con remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e o pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada coroada cos dedos das mans entrelazados, e coa lúa ós seus pés sobre unha peaña de dous querubíns. O cruceiro é todo de pedra cun bo estado de conservación.
Ademais este cruceiro é BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349CA010.PDF (Páx. 6).
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1995-25952


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8109871815
Lonxitude: -8.62902604042
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84