Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rois
Parroquia: Ribasar (Santa María)
Lugar: Pazo do Faramello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela barroca do ano 1774 declarada Ben de Interese Cultural formando parte do Pazo do Faramello. Ten planta rectangular cuberta con bóveda de canón. No seu interior posúe un retablo do mestre José Gambino, nado neste fermoso pazo. A súa fachada é de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta rectangular alintelada de entrada. Sobre o ingreso ten unha placa cunha inscrición que di: “CASA / DE ORACION / DE JHS MA. I JOSE / AÑO DE 1774”. No pico do vertice sitúase unha pequena espadana dun só corpo, cun oco en arco de medio punto que serve para aloxa-la campá feita polos Ocampo en Arcos da Condesa,en Caldas de Reis. Na parte superior da campá ten unha inscrición que pon: “JHS MARIA Y JOSE AÑO DE 1948” e no faldón outra que pon: “FABRICADO POR / OCAMPO EN ARCOS / DE LA CONDESA”. O conxunto da espadana está coroada por un fermoso pinaculo moldurado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ROIS/documents/0349CA003.PDF (Páx 7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8108536116
Lonxitude: -8.62908773123
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84