
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Chan de Montouto / Rañalonga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
A mámoa ten un tamaño superior as da súa contorna de Rañalonga, e está formando un grupo de 14 mámoas a carón da paraxe do Coto de Montouto. En toda a necrópole de Rañalonga hai 26 mámoas referenciadas, e posiblemente haxa máis sen descubrir. É denominada a “gran mámoa” (M12RB) no traballo que o I.E.S. Castelao de Vigo fixo sobre esta necrópole de Rañalonga.
Ten un diámetro de túmulo que acada os 31 m de diámetro e unha altura de 2,5 m. Ten un cono de profanación duns 15 m de media de ancho e está atravesada por dous valados. A masa tumularia está chea de eucaliptos.
Está no grupo denominado “mámoas do leste” polo equipo do proxecto. Sitúase nunha pequena elevación do terreo, a carón da pista forestal e fronte a unha ringleira de outros 4 túmulos.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15013017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza): Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga.
Alumnos 1º Curso da E.S.O. Proxecto interdisciplanar I.E.S.Castelao-Vigo (2009) ISBN 978-84-9812-106-3, Deputación da Coruña
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
pax. 58 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8680422302Lonxitude: -8.70544195175
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84