Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Rañalonga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A mámoa forma parte da necrópole de Rañalonga, composta alomenos por 26 túmulos. Foi descrita no traballo do proxecto interdisciplinar do I.E.S Castelao de Vigo do ano 2009, sobre este grupo de enterramentos neolíticos en terreos dos concellos de Brión e Ames. É chamada “do cóbado” pola curva que fai o camiño do francés, que atravesa esta paraxe ao seu carón. A causa do ensanchamento da pista foi cortado un costado do túmulo de terra. Mide uns 18 metros de diámetro e ten unha altura de 2 m. Presenta un profundo cono de profanación inzado de maleza e eucaliptos.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15013016
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia)Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga.
Alumnos 1º Curso da E.S.O. Proxecto interdisciplanar I.E.S.Castelao-Vigo (2009) ISBN 978-84-9812-106-3
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
pax. 58 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Unha pista cortou o costado leste da mámoa.


Onde está localizado

Latitude: 42.8672450724
Lonxitude: -8.70603203773
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84