Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Culleredo
Parroquia: Celas de Peiro (Santa María)
Lugar: Veiga, Peiro de Arriba.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Trátase dunha fonte de cabaliño na que a parede fronteira adquire un carácter monumental, dado neste caso polo seu gran tamaño. Feita totalmente en cantería, destácase o frontispicio rectangular no que se resaltan en ámbolos dous extremos pilastras que enmarcan o motivo central, en resalte, no que se abren os dous canos. Unha cornixa fortemente moldurada e voada serve de remate, na que asentan dous pináculos piramidais que flanquean un medallón resaltado onde se lee a data: “1935”. A auga dos canos deita sobre un pilón rectangular que por un dos lados desauga a un lavadoiro que está ó seu carón.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2511396312Lonxitude: -8.41816920798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84