Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Chan de Rañalonga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A mámoa forma parte da necrópole de Rañalonga, composto por 26 túmulos referenciados, aínda que poida que existan máis. Está nun grupo de 4 mámoas aliñadas en fronte a “gran mámoa”, a uns 60 m ao seu oeste, esta é primeira e despois as outras van deste punto cara o norte. Todas as mámoas de Rañalonga están en mal estado e estas en particular están moi achanzadas e case non se distinguen do terreo da contorna. A que se describe nesta ficha está dentro dunha plantación de eucaliptos recente. Segundo o estudo do I.E.S. Castelao de Vigo coordinado por Federico Silva Costa, a mámoa non tería codigo GA, noméase no traballo coa referencia M19RB.
Ten o túmulo de 18 m de diámetro e dunha altura de 1,5 m. O cono de profanación mide 5 m de ancho e dentro del medran eucaliptos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia)Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga.
Alumnos 1º Curso da E.S.O. Proxecto interdisciplanar I.E.S.Castelao-Vigo (2009) ISBN


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está a ser replantada con eucaliptos.


Onde está localizado

Latitude: 42.8682044127
Lonxitude: -8.706407547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84