Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Paraxe do Francés / Agro da Indiana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
A necrópole do Chan de Rañalonga está formada por alomenos 26 mámoas. Esta mámoa forma parte dun grupo de 7 da súa zona sur, das cales 3 delas non están a día de hoxe perceptibles no terreo. Esta mámoa está no monte chamado Agro da Indiana, formando unha ringleira, nunha distancia de 100 m con outras dúas e con aliñación norte-sur. Unha delas (Agro da Indiana 2) está na mesma propiedade “da Indiana” e outra a carón do valado, xa forá desta finca e que sería a última da ringleira cara ao norte (Mámoa de fóra do Agro da Indiana ). Foi descrita co nome “Mámoa do Agro da Indiana 1” no traballo do proxecto interdisciplinar do I.E.S Castelao de Vigo do ano 2009, sobre este grupo de enterramentos neolíticos en terreos dos concellos de Brión e Ames. Ten uns 22 m de diámetro e o seu túmulo elévase 1.50 m. da contorna. Presenta cono de profanación de 5,5 m. de ancho con maleza e pés de eucaliptos e piñeiros medrándolle dentro. A día de hoxe comeza a ser colonizado pola invasiva especie da acacia. Pódese apreciar algún resto de coiraza. O Camiño Francés, que é o que percorre esta chaira, córtaa pola parte leste.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15013004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. , I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
pax. 30 do pdf http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/22239pl101.jpg sinalada co num. 4
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O camiño Francés corta o túmulo na súa banda leste.
Onde está localizado
Latitude: 42.8602776124Lonxitude: -8.70896100998
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84