Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: San Fins (Brión)
Lugar: Paraxe do Francés / Agro da Indiana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A necrópole do Chan de Rañalonga está formada por alomenos 26 enterramentos neolíticos. Esta mámoa forma parte dun grupo de 7 da súa zona sur, das cales 3 delas non están a día de hoxe perceptibles no terreo. Esta mámoa está mesmo cara ao norte despois do valado do Agro da Indiana, formando unha ringleira, nunha distancia de 100 m con outras dúas e con aliñación norte-sur. Sería este túmulo o de situación máis ao norte dos tres.
Foi descrita con este nome no traballo do proxecto interdisciplinar do I.E.S Castelao de Vigo do ano 2009, sobre este grupo de enterramentos neolíticos en terreos dos concellos de Brión e Ames. Ten uns 23 m de diámetro e o seu túmulo elévase 1.80 m. da contorna. Presenta cono de profanación de 7 m. de ancho con maleza e algún eucalipto medrándolle dentro. A día de hoxe non se aprecia resto de coiraza nen esteos e o Camiño Francés corta á mámoa pola banda leste.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15013008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. , I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
pax. 36 do pdf http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/22239pl101.jpg sinalada co num. 8


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8612006888
Lonxitude: -8.7091755867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84