Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: As Neves
Parroquia: Taboexa (Santa María)
Lugar: Coto de Morgallón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Petróglifo descuberto o 7 de decembro de 2017 por varios membros e colaboradores do IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) despois dos lumes de outubro de 2017.
Como eles mesmos describen:
“Nunha gran laxe inclinada atopamos varias coviñas ben repartidas pola superficie, algunha figura abstracta, varios antropomorfos sexuados, ademáis de algo máis dunha vintena de zoomorfos orientados en direccións diverxentes ocupando toda a pedra. Trátase, na súa gran maioría, da representación dun conxunto de équidos e algún cánido, dada a presenza -na maior parte das figuras- de colas espesas, orellas, e a ausencia de cornas.
A escena de caza de cabalos aparece confirmada ademáis pola presenza de antropomorfos e de alomenos un équido ferido por unha lanza ou frecha. Estamos ante un conxunto de cuadrúpedes cunha boa factura, conservación, grande tamaño e diversidade técnica, dado o emprego de alomenos tres técnicas diferentes (baleirado, dobre trazo e trazo simple) nos gravados das rochas.
Nun afloramento granítico situado a carón do panel principal, atopamos alomenos tres cuadrúpedes, un deles de gran tamaño (1 metro de lonxitude) e de carácter esquemático, sendo o maior dos atopados en Galicia e posiblemente un dos máis grandes de toda a península. Neste tipo de representacións, un só trazo define a liña cérvico-dorsal do animal e dela saen as catro patas do mesmo.
Ao norte deste panel atopamos, nunha rocha exenta, o gravado do que parece ser outro cuadrúpede de dobre trazo, neste caso de difícil lectura dada a posición da pedra.”
Este novo petróglifo atópase a poucos metros de distancia do Petróglifo do Coto de Morgallón (http://patrimoniogalego.net/index.php/79586/2015/11/petroglifos-no-coto-de-morgallon/)
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O sábado 2 de febreiro de 2019 se procedeu á presentación da musealización levada a cabo neste petróglifo (Ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/12/30/emerge-arte-rupestre/1811771.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/12/30/incendios-arrasaron-as-neves-dejan-descubierto-joya-rupestre/0003_201712G30P30994.htm
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/cabalos-rupestres-das-neves/20171229142514064716.html
https://valminortv.com/2017/12/30/o-iem-presenta-o-maior-descubrimento-de-arte-rupestre-das-ultimas-duas-decadas-en-galicia/
https://telemarinas.com/arqueologos-de-o-val-minor-y-o-baixo-mino-detras-del-mayor-hallazgo-de-arte-rupestre-de-los-ultimos-20-anos-en-galicia/
https://www.elsaltodiario.com/patrimonio/o-lume-que-liberou-aos-cabalos
https://elpais.com/cultura/2018/02/03/actualidad/1517685711_141153.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galizagalicia-provincia_9.html
MUSEALIZACIÓN DO PETRÓGLIFO
https://www.farodevigo.es/comarcas/2019/01/30/as-neves-inaugura-musealizacion-petroglifos/2041934.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/petroglifos-as-coutadas-taboexa/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1302583652Lonxitude: -8.43007028103
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 2, 2018
Fotografía da laxe cedida moi amablemente por Ángel de Prado.
Coutos says:
Xan 9, 2018
Unha información xenial! Grazas Óscar.
Oscar Franco says:
Out 29, 2018
Boas novas para este conxunto:
https://galego.farodevigo.es/comarcas/2018/10/28/arranca-excavacion-petroglifos-coutada/1987689.html