Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben: Casa do Concello de Ribadeo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Mandado construír para residencia particular de don Antonio Ibáñez, marquésde Sargadelos, a finais do século XVIII, o cal se lle adica unha estatua preto da entrada do edificio. Don Antonio Raimundo fixera fortuna no comercio, fundou un complexo industrial adicado a fundición e ás cerámicas no lugar de Sargadelos, tamén participou activamente na vida política. Trátase dun pazo de depurado estilo neoclásico ampliado no último terzo do século XIX. Ten planta rectangular e dobre altura máis bufarda con muros de cantería de granito e cuberta a catro aguas. Ten soportal con catro pilastras na zona da entrada principal, sobre o que podemos ver una balconada á que dan catro grandes ventás que se abren para acceder a eles. Cada unha delas ten enriba un frontón triangular. Sobresae no conxunto o fino traballo de forxa dos balcóns, produto da fundición de Sargadelos. En febreiro de 1809 foi asaltado polas tropas fernandinas procedentes de Asturias. Nesta data Ibáñez foi asesinado. Máis tarde a casa foi propiedade da Familia casas, donos da banca Casas ata a súa quebra en 1934. Durante a guerra civil foi hospital militar de sangue. Desde 1944 é propiedade municipal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catálogo Histórico- Artístico da provincia de Lugo ( DOG 12 de xuño 1991).
Páxina Web
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf (páxina 6 de 10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.53622163365194
Lonxitude: -7.039554119110107
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84