Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: San Fins (Brión)
Lugar: Chan de Montouto / Rañalonga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
As chamadas “pequenas mámoas” no libro do ano 2009 sobre o traballo do proxecto interdisciplinar do I.E.S Castelao de Vigo, numeradas como MR20 e MR21, forman parte da necrópole de Rañalonga, composto por 26 túmulos. As dúas mámoas están a carón, e case sen separación entre elas, na paraxe do Chan de Montouto. Están xusto á beira do Camiño Francés e a uns 30 m ao suroeste da denominada “Mámoa dos Raposos”, moi visible desde este punto. A pouca altura destas mámoas fai que sexan moi pouco apreciables se medra o mato sobre elas. A día de hoxe (decembro 2017) o terreo que ocupan está limpo, pero está a ser plantado con eucaliptos. A súa presenza non foi detectada no ano 1986, cando se procedeu a catalogación das mámoas de Rañalonga. Non teñen cono de violación e o pouco volume dos seus túmulos indicaría a ausencia de estrutura megalítica e que poderían ser enterramentos individuais. Apúntase no traballo que por estas características serían cronoloxicamente máis actuais que os outras mámoas. Esta ficha é a denominada no estudo MR20 e sería a situada ao sur.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. , I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8697213717Lonxitude: -8.7053668499
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84