Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: San Fins (Brión)
Lugar: Agro de Picón /Rañalonga (Coto do Ceboliño)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A mámoa sitúase no Agro de Picón, un terreo de 4 ha na paraxe chamada do Coto do Ceboliño, pola abundancia dunha planta que se chama “cebolo do monte”. A propiedade do agro leva o nome do segundo apelido do seu dono ao longo de boa parte do século pasado, e hoxe é unha cesión ao concello de Brión por un prazo de 28 anos dende o 2002.
O túmulo é o máis oriental de Rañalonga e está bastante aillado do seu grupo do leste. É o único de toda a necrópole que presenta restos de estrutura megalítica, pois conserva no cono de profanación unha pedra de considerable tamaño que formaría parte da cuberta. O pouco tamaño do cono fai pensar que podería haber soterrados máis restos do dolmen. A mámoa ten un diámetro medio de 24 m e unha altura aproximada de 1,80 m. A súa contorna está bastante ben coidada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Federico Silva Cobas (coordinador) María Aracelli Cabido Rodriguez (Educación Plástica e Visual) Araceli Iglesias Barrientos (Ciencias Sociales. Xeografía e Historia) Marcos Suárez Martínez (Ciencias da Natureza) Nas Raíces de Brión: As Mámoas de Rañalonga. Proxecto interdisciplanar Alumnos 1º Curso da E.S.O. , I.E.S.Castelao-Vigo (2009). Deputación da Coruña ISBN 978-84-9812-106-3


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8687656593
Lonxitude: -8.703135252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84