Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Culleredo
Parroquia: Ledoño (San Pedro)
Lugar: Ledoño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

A igrexa de San Pedro de Ledoño consta dunha soa nave e ábsida rectangular de menor altura e que ten apegada a sancristía no seu muro leste. Está cuberta a dúas augas con tella curva do país. O conxunto da construción fíxose a base de muros de cachotería revestidos e pintados de branco agás os marcos da porta e da xanela da fachada.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e, rompendo o vértice do pentágono, flanqueado por dous pináculos moldurados con bola, unha base para unha espadana de dous corpos. Entre esta base e a xanela hai unha inscrición cunha data que pon: “ANO 1929” O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxa-las campás. O segundo un pequeno frontón triangular curvo rematado cun acroterio cunha cruz de forxa e flanqueado por dous pináculos moldurados con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2642172325
Lonxitude: -8.41717131437
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84