Outra fotografía:
Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Covas (San Martiño)
Lugar: Fonte da Tella
Outra denominación do ben: Batería B6 monolítica de monte Prior
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Batería antiaérea destinada a protexer os canóns de gran calibre de monte Prior. Consta dunha plataforma rectangular onde ían anclados catro canóns Vickers 10,5 cm, lixeiramente baixo a cota de terra, rodeada por un muro de contención con nichos para gardar e protexer a munición a empregar. En Ámbolos extremos da plataforma atopasen dúas cámaras baixo a cota de terra, destinadas a polvoreira e almacén, as que se accedían por ramplas por ambas beiras a carón do muro de contención. Detrás da plataforma hai dúas cámaras de baixa altura destinada a almacenamento dos casquillos da munición.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
En 1926, durante a ditadura de Primo de Ribera, desenvolveuse un plan para modernizar a defensa costeira do arsenal de Ferrol. Dito plan contemplaba como novidade a construción de baterías antiaéreas que puideran defender as posicións artilladas de ataques aéreos. Nembargantes a súa profusión de superficies planas e ángulos rectos facíanas difíciles de ocultar. Tamén conta o feito de que os catro canóns estiveran tan preto entre eles polo que un disparo afortunado podería facilmente inutilizar os catro canóns deixando o resto da posicións desprotexidas polo que este tipo de bateria pronto quedaron obsoletas.
É por iso, que nos primeiros anos da Segunda Guerra Mundial acometeuse a construción de novas baterías onde os canóns quedaban alonxados entre si e as suas dependencias quedaban ocultas baixo terra.
Referencias bibliográficas:
Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.
Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5601097986Lonxitude: -8.31702321768
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
José María says:
Ago 6, 2019
O Concello ferrolán ben poderla empregar algún diñeiro en desbrozar o acceso á estrutura.