Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Anceu (Santo André)
Lugar: Anceu
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro feito entre os anos 1771 a 1776 situado diante da capela de Guadalupe (http://patrimoniogalego.net/index.php/98409/2018/01/capela-de-guadalupe/).
Nace sobre unha base cúbica coas arestas rebaixadas e formando parte dun pequeno muro. O seu varal de sección octogonal da paso a un capitel decorado con volutas e motivos vexetais.
O conxunto remata cunha cruz tipo latina na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe de Guadalupe no reverso.

No pasado o cruceiro atopábase ao outro lado da estrada e posuía dous chanzos.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a historia que un crego desta parroquia sacou o cruceiro do seu antigo emprazamento e meteuno na capela de Guadalupe pechando a porta con pedras.
Tempo despois, e a petición dos veciños feligreses, foi mandado sacar polo bispo de Tui e posto no lugar actual.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.pontecaldelas.org/index.php/parroquias/anceu#iglesia-parroquial-de-san-andr%C3%A9s
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/guadalupe/
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-guadalupe.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHEZ CORA, Teresa e MARTINEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.358362812
Lonxitude: -8.46649870276
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84