Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Anceu (Santo André)
Lugar: Anceu
Outra denominación do ben: Peto do Barazal
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas situado no muro dunha propiedade privada. Presenta unha fornela con arco apuntado e protexida por un enreixado metálico. O conxunto remata cunha cruz pétrea.
No interior podemos ver un fermoso retablo feito en pedra policromada no que destaca a imaxe de San Francisco rodeado por catro almiñas, entre elas un bispo e un crego. Na parte superior un medallón feito en xeso no que se representa o nacemento de Xesús xunto a varios anxos no ceo.
Na repisa aparece o peto para as esmolas.

A data de construción deste peto é posterior ao ano 1927.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A veciña que recolle as esmolas segue a ofrecer unha misa cos cartos recollidos. A última delas foi en xaneiro de 2018.


Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.xoanarcodavella.com/2013/05/peto-de-anceu-ponte-caldelas.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHEZ CORA, Teresa e MARTINEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A parte do retablo feita en xeso atópase en moi mal estado de conservación.


Onde está localizado

Latitude: 42.3583498051
Lonxitude: -8.46639409661
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84