Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Anceu (Santo André)
Lugar: Anceu
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado formando parte dun muro.
Posúe unha fornela rectangular con remate en arco lobulado e protexida por un enreixado metálico. O conxunto remata cunha cruz feita en pedra.
No interior da fornela podemos ver un retablo pétreo no que aparece a Sagrado Corazón en posición central acompañado aos lados por Santa Rita á dereita, e a Virxe dos Desamparados (á esquerda).
Na parte inferior do retablo un Santo Antón co Neno no colo acompañado de dous anxos e seis almiñas, entre as que se distinguen un bispo e un cura.

O peto de ánimas presenta dúas lendas. A primeira aparece unu medallón situado no retablo e que di o seguinte:
“SOCORRED CON VUESTRA LI
MOSNA A LAS BENDITAS ALMAS
DEL PURGATORIO”

Unha segunda lenda inscrita nunha placa de mármore na base do peto di:
“DEVOCION DE
ISIDORO GARRIDO
Y SU ESPOSA
HERMOSINDA PÉREZ.
AÑO 1933”


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.pontecaldelas.org/bidi/esp-animaseido.html

BIBLIOGRAFÍA
SANCHEZ CORA, Teresa e MARTINEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas”. Concello de Ponte Caldelas. 1990.

FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3570694163
Lonxitude: -8.4674616158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84