Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Veiga (San Silvestre)
Lugar: Igrexario da Veiga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. O capitel é cuadrangular moldurado que soporta unha cruz circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos , mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Ten cabeza ergueita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz fica a figura de Santa Teresa de Xesús. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2582276849
Lonxitude: -8.41234043243
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84