Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Betanzos (comarca) / Irixoa
Parroquia: Santa María de Mántaras
Lugar: Airoa do Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Trátase dunha pedrafita ubicada no medio dun amplo campo tumular nas proximidades da ermida de San Cosme de Mántaras. Esta é a descrición fornecida por Moncho Boga: “En canto á analise formal, estamos diante dun robusto esteo de granito que amosa sección rectangular coas arestas moi biseladas. Acada unhas dimensións aproximadas de 1,42 m de altura na cara que mira ao suleste. A anchura máxima chega aos 82 cms. Todas as caras atópanse moi regularizadas, aínda que non se observa siño algún de puído, exceptuando o revaixe cóncavo da croa.Nunha das súas caras aparecen, apenas insinuadas, dúas acanaladuras do tipo media cana: ocupan unha boa superficie, colocadas en diagonal e acadan 5 cm de ancho. A máis longa mide ao redor de 61 cms; a máis corta, uns 50 cms. Na cara do NO aparece o que semella unha cruz feita en dous trazos, pero non podemos desbotar a posibilidade de que sexa unha gravura natural”. Segundo os seus descubridores, a pedrafita está orientada cara o solsticio de inverno. Xusto ao norte, a escasos metros, atópase unha mámoa con graves afeccións derivadas da actividade gandeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A pedrafita foi dada a coñecer por Ángel G. Martínez (Papigil) e Moncho Boga no artigo “A pedrafita-menhir de San Cosme de Mántaras” en Anuario Fol de Veleno número 5. SAGA, 2015.


Referencias bibliográficas:

Máis información no blog Dolmen de Moncho Boga: http://dolmensedemaisfamilia.blogspot.com.es/2015/04/pedrafita-menhir-de-mantaras-irixoa.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A pedrafita realiza as funcións de marco dentro das parcelas dunha explotación gandeira de pasto e, polo tanto, sometida a accidentes e agresión industrial. Ademáis, está rodeada dunha malla de puntas que afecta ao monumento.


Onde está localizado

Latitude: 43.2876541871
Lonxitude: -8.10179382568
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84