Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ramirás
Parroquia: Casardeita (Santiago)
Lugar: Casardeita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa parroquial é unha construción de boa cantería realizada en estilo Barroco. Ten unha nave e sancristía ao norte. A fachada remátase con espadana de dous corpos, o superior en frontón. A portada ten tampanillo con pináculos e o vértice curvo. No seu interior hai unha fornela de medio punto avenerada, coa estatua do patrón, como peregrino, obra de calidade.
Diante áchase a antiga pía bautismal, situada no atrio.
No interior ten un retablo maior de estilo Rococó que pintou o artista Manuel Rodríguez en 1808, sendo Abade Federico Antonio Ribada. Pertenceu ao mosteiro de Celanova. As advocacións principais son a da nosa Señora do Rosario e a de San Martiño.
A capela maior, sobreelevada respecto da nave, ten grandes pináculos barrocos sobre os alicerces angulares, construíndose a mediados do século XVIII, do mesmo xeito que a posterior sancristía, con gran placa decorativa típica da época.
No pináculo do lado sur da fachada, ten un reloxo de sol. No cemiterio hai magníficas mostras de arte funeraria.
A cuberta na nave e a dúas augas en tella plana, sendo no presbiterio a catro augas e na sancristía a tres, estas dúas en tella curva.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RAMIRAS/documents/0482NO102.pdf
http://www.terradecelanova.es/gl/historia-patrimonio-recursos-ramiras.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.180859Lonxitude: -7.983804
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84