Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Culleredo
Parroquia: A Veiga (San Silvestre)
Lugar: A Veiga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

A igrexa presenta unha planta con tres corpos: unha nave rectangular, ábsida tamén rectangular e a sancristía apegada ó muro sur dende a metade da nave ata a ábsida, estes de menor altura cá nave. Neste muro, e apegada a sancristía, tamén posúe unha porta menor de acceso, protexida cun pequeno cuberto. A cuberta é a dúas augas con tella curva do país.
A súa fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada que sobresae lixeiramente do plano da fachada. Sobre o ingreso vai unha xanela cadrada que tamén sobresae lixeiramente do plano da fachada. Enriba do marco da xanela ten unha pedra cunha inscrición que di: “R A 1910”. Rompendo o vértice da fachada vai a base para unha espadana dun corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven pra aloxa-las campás. Remata o conxunto unha cornixa moldurada cun acroterio seguido dun capitel troncopiramidal que soporta unha cruz octogonal cos brazos con remates florenzados e flanqueado por uns pináculos piramidais.
A igrexa foi construída no século XVIII, en torno a 1760-1770, e a súa fachada foi remodelada no ano 1910, tendo a pedra á vista composta de cantería irregular e cachotería e, como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.culleredo.es/node/187.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2578971723
Lonxitude: -8.41345131397
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84