Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular, Muíño, Lavadoiro,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Na ficha do pxom do plan Especial de Protección e Reforma Interior do Núcleo Histórico de Noia, do 30 de xuño de 1998, recolle este Ben como: conxunto de edificacións en parte abandonado e en avanzado estado de deterioro, situados ao borde do río Traba e xunto a ponte medieval, característico do ámbito rural exterior ao casco histórico, con valor histórico – artístico e etnográfico. A día de hoxe no lugar podemos ver unha casa en bo estado, e usada como vivenda, que fora anteriormente un muíño con un gran arco por onde pasaba a auga. Logo temos un lavadoiro con lousas de pedra e tapado con tellado de fibrocemento de cor vermello, apoiado sobre columnas de formigón. Diante deste elemento e cara a ponte, un alongado edificio de pedra con tellado a dúas augas dedicado só a muíños que amosa dúas grandes arcadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen usoResidencialEquipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
García Vidal , Pedro. A Noia da Memoria. Pasado e presente dun casco histórico. Evolución urbana. Edita Concello de Noia. 1991. ISBN. 84-87879-01-2
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/1610CA008.pdf (páxina 2 de 10)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.785440946207174Lonxitude: -8.883315324783325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84