Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón
Parroquia: Santo Estevo do Mato (Santo Estevo)
Lugar: Santo Estevo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Edificación de época románica con reformas posteriores, feita a base de perpiaño granítico encintado con cemento na fachada principal e caleado no resto dos muros. Presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Nun dos muros laterais se conserva unha porta con arco de medio punto oculto por un lintel sobre mochetas. Tamén podemos ver varias saeteiras.
Na fachada principal aparece a porta de acceso doelada e, sobre ela, unha pequena fiestra rectangular con derrame interno.
O conxunto remata cunha espadana con dous ocos de arcos de medio punto.
No interior destacan varios elementos:
* un retablo maior de estilo Rococó coas imaxes de Santo Estevo e Santa Bárbara.
* Na sancristía podemos ver as imaxes de San Roque e Santo Antonio de Padua.
* No hastial da ábsida aínda se conservan restos de pinturas murais que relatan os misterios da Anunciación da Nosa Señora.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020310
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA005.PDF
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5552900267Lonxitude: -7.62695780194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84