Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Coirós
Parroquia: Ois (Santiago)
Lugar: Casal- Combarro
Outra denominación do ben: Castelo da Mota; Castelo de Ois; Fortaleza de Ois.
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Este castelo-fortaleza é coñecida tamén como a mota de Ois ou o Castelo da Mota. Trátase dos restos dun antigo castelo situado sobre un outeiro (a mota), a uns 230 metros sobre o nivel do mar e, que anteriormente fora un castro, data do século XII e está adscrito o estilo románico. A planta é ovalada situada nunha base (croa) que ten unhas dimensións duns 30 metros L-O por uns 35 metros N-S. A súa fábrica é de sillería de granito, coidada e de aparello irregular. Cara ó NO é onde se conserva a maior altura, midindo de 6 a 7 metros, pero nos lados S e L están derruídos, sendo o seu grosor duns 2,20 metros. As dimensións do óvalo son de 21,00 x 18,00 metros aproximadamente. A menor altura está cinguida por unha cerca que pode acadar os cinco ou seis metros de altura e cunhas dimensións perimetrais duns 60 metros N-S por uns 50 metros L-O. Tamén se poden ollar restos e cimentos doutros muros cinguindo a torre de díficil adscrición pero que ben poden ser as murallas ou barbacá que defendían dita torre. O castelo pertenceu ós señores de Andrade, en concreto a Pedro Fernández de Andrade, fillo de Fernan Pérez de Andrade. Este castelo foi destruído nas guerras irmandiñas, pero ó contrario que a maioría dos castelos, este foi derrubado polo arcebispo Alonso de Fonseca. Acabada as liortas irmandiñas, semella que foi volto a levantar pero, volveuse a derrubar por orde do gobernador do reino Fernando de Acuña xunto con outras fortalezas por mandato dos Reis Católicos.
No preito Tavera-Fonseca, Alfonso Cao, labrador, veciño e morador da freguesía de Santa María de Fisteus e duns 80 anos de idade, declaraba nunha das preguntas o seguinte: “En tienpo de los Reies Catolicos don Fernando y doña Ysabel bio benir a este dicho Reino de Galizia por Gobernador del a don Fernando de Acuña al qual despues de benido dize que bido quel fizo derrocar a la fortaleza de Peña Frouseira que hera de Pedro Pardo e a la fortaleza de Porras que era de Diego de Andrade e a Morgade que hera del conde de Altamira e a la fortaleza de la Mota que hera de Pedro Fernandez d`Andrade…”
Outro das testemuñas de dito pleito foi Fernando de Andrade, neto de Fernán Pérez de Andrade, comentando que seu avó empezou a súa enemistade co arzobispo Alonso de Fonseca, logo de que este lle tomara a fortaleza de Pontedeume e de, tamén que quixera matar o seu outro avó, Gómez Pérez das Mariñas con ballestas. Ante isto, os Andrade alíanse cos Altamira para derrocar os castelos da Mitra Compostelana, sobre todo o castelo de Rocha Forte. Isto fai que o arcebispo Alonso de Fonseca cerque a Mota de Ois que era de Fernán Pérez, que o tiña por aquel entón un Pedro Fernández, fillo de Fernán Pérez, avó da testemuña. “…ansimismo save quel dicho Patriarca çerco a la Mota d`Ois, ques una fortaleza de Fernan Perez d´Andrade, que tenia entonçes un Pedro Fernandez su padre, hijo del abuelo deste testigo, sin tener causa para ello sino porque hera hijo de Fernan Perez, abuelo deste testigo…”
Dende entón e despóis de moitas vinculacións e outras tantas transmisións de bens e dereitos, recaeu a propiedade en dona Beatriz Losada y Ozores, vizcondesa de Fefiñans y condesa de Maceda quen casóu con don Fernando Casani y Herreros de Tejada e de quen tuvo tres fillas. A maior, dona Lucía, condesa de Maceda e de Vilana foi a representante dos dereitos vinculares da Mota de Santiago de Ois.
Finalmente, no século XX, a propiedade foi mercada polos antigos caseiros coñecidos no lugar como Andrea e Antonio da Mota. Á morte destes, os seus herdeiros vendéronllo a un particular, sendo propiedade hoxendía de Teresa Rego.
Na zona había outros dous castelos máis que parecían dominar e protexer en puntos estrátexicamente situados o cauce do río Mandeo e, por tanto, o acceso á cidade de Betanzos por esa vía. Estes eran o da Espenuca que o conde don Rodrigo doou a Mitra no ano 1130. Angel del castillo pensa que quizais se atopara onde está hoxe o campanario románico.
O outro castelo estaría en Aranga onde se están a conservar os restos que se levantaron onde se xuntan os ríos Cambás e Mandeo, nunha pendente moi escarpada. Este xacemento foi explorado no ano 1944 averiguando que xa existía no século X, data na que pertencía ó conde don Hermenexildo e á súa muller a infanta dona Paterna, que parece que tamén foron benefactores do mosteiro de Sobrado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15027030
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai unha lenda, moi coincidente con outros castelos, que contan os veciños da aldea de que foi unha fortificación dos mouros, e que existe un túnel segredo que parte dos sotos do castelo e vai ata o río, e polo que se podían levar os cabalos a beber, ademais servía de camiño de fuxida para os habitantes do castelo no caso de ser atacados. Tamén parece que na mota había un gran tesouro agochado e algunhas xentes andiveron a procura del. Se ben é certo, deste xacemento levouse moitísima pedra, moitas das casas do lugar de Casal están feitas cos perpiaños do castelo da Mota.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-BOGA MOSCOSO, R.: “Guía dos castelos medievais de Galicia”. Ediciós Xerais, Xullo do 2003.
-DEL CASTILLO LÓPEZ, A.: Boletín da Real Academia Galega, Tomos IV, VI, VII, XII,XIX.
-MARTÍNEZ BARBEITO, C.: “Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña”. Diputación Provincial da Coruña, Editorial Everest, 1986.
-RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A.: “Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños”. Tomos I y II. Fundación Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa. Galicia Histórica. Preparada por el Instituto “P. Sarmiento de Estudios gallegos”, 1984.
http://santiagodeois.blogspot.com.es/2011/11/o-castelo-da-mota.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COIROS/documents/0130ca003.PDF (Páxs. 2 e 11).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COIROS/documents/0130ca004.PDF (Páxs. 2 e 11).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2494766985
Lonxitude: -8.12448866667
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84