Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Ramirás
Parroquia: Casardeita (Santiago)
Lugar: Casardeita
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Antiga escola, hoxe reconvertida en centro social, ademais de ser a sede da Asociación Cultural Follas Vivas Lois Antón.
Un claro homenaxe ó seu ilustre veciño, por o seu nome a asociación cultural.
Edificio de planta rectangular de dous andares e cuberta con teito a dúas augas con tella curva, que foi construída no século XX para ser escola. A aula estaría na planta baixa, sendo a planta alta a vivenda do mestre.
Situada a poucos metros da igrexa parroquial, actualmente funciona como local social na parte baixa e biblioteca na parte alta.
A entrada inferior, polo lado do nacente, está gorecida pola escaleira de aceso a planta superior, e sobre esta unha das portas de entrada á parte superior. Polo lado de poñente ten outra escaleira de aceso a planta superior, e a usada comunmente.
Os laterais, tanto o do lado norte como o do sur, teñen catro ventás de tamaño medio e dúas pequenas solo polo norte.
Na planta baixa ten catro ventanucos polos dous laterais.
Construída polo antigo réxime, empregando para elo a man de obra dos veciños do lugar, como tamén parte dos materiais e medios de transporte.
Unha vez que se concentraron estas escolas facendo os grupos escolares, estas foron quedando en desuso e abandonadas, chegando a estragarse varias delas.
Actualmente o edificio foi rehabilitado, converténdose no local social, para aproveitamento dos veciños.
Un claro exemplo da loita das xentes, para manter en pé o noso patrimonio, para seguir desfrutando de el.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.concelloderamiras.gal/index.php/gl/mais-edictos/item/137-acondicionado-local-social-casardeita
https://asombradebouzapanda.wordpress.com/category/07-presentacions-charlas-e-conferencias/
PRESENTACIÓN EN RAMIRÁS DO LIBRO “UNIVERSOS SIMBÓLICOS”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.180676Lonxitude: -7.983886
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84