Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ares / Ferrol (comarca)
Parroquia: Caamouco (San Vicente)
Lugar: Piñeiro
Outra denominación do ben: Castro de Piñeiro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

É un castro de cumio fortificado de gran tamaño aproveitando o relevo do monte. Está situado entre os concellos de Ares e Mugardos. Ten forma circular case perfecta, duns 100 metros de diámetro. A croa é unha carballeira. Ten defensas dobres concéntricas e dous fosos. Están ben conservadas as defensas ao leste. Ao oeste están moi achairadas e só se conserva unha das liñas defensivas de moi pouca altura. Polo norte ten un antecastro. Dado a coñecer por Juan A. Carneiro Rey.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15051009
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM de Ares de 2017
http://www.concellodeares.com/pxom2017/06.2_ARES_AP_CAT_2017_Fichas.pdf (Pax. 8 do PDF)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4372507717
Lonxitude: -8.20483478934
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84