
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cabanas / Eume (comarca)
Parroquia: Regoela (San Vicente)
Lugar: Os Piñeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
É un castro de cumio fortificado formado por un único recinto de forma oval de 110 por 100 metros. O regueiro de Cerdeiras reforza, de forma natural, as defensas no lado máis occidental. No sector oriental a estrutura defensiva está formada por unha muralla de terra que rodea a totalidade do conxunto, cunha estrutura de entre un e catro metros no interior e entre catro e sete metros no exterior, protexida por un foxo de máis de tres metros de ancho, precedido por un antefoxo de entre medio metro e un de altura. A entrada ao poboado efectuábase polo SO, por unha abertura de cinco metros na muralla. O castro tense usado como canteira. A croa está máis elevada que a base das defensas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: código RI.000002542
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4469646734Lonxitude: -8.10909178182
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Feb 27, 2018
O castro de Piñeiros (Regoela) na web do patrimonio de Cabanas
http://www.patrimoniodecabanas.es/index.php?option=com_content&view=article&id=68&Itemid=52&lang=gl