Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coirós
Parroquia: Ois (Santiago)
Lugar: Igrexario de Ois
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa románica de finais do século XII, composta dunha soa nave e ábsida rectangular ao que se accede a través dun arco triunfal de medio punto sobre semicolumnas adousadas. Ten unha sancristía apegada ó muro lateral norte da ábsida. Os muros son de apoio continuo de cantería cunha saeteira en cada lado. A cuberta é a dúas augas na nave e a tres na sancristía. A cubrición realízase con tella curva do país sobre estrutura de madeira. Na cornixa mantén os canzoriños románicos, un deles con forma humana, e sobre os piñóns dos testeiros dúas cruces de pedra de tipo xeométrico. No muro lateral sur, hai outro acceso pero esta está tapiada.
A fachada é de traza sinxela seguendo un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai un fornelo cunha imaxe de Santiago Apóstolo. Rompendo o vértice do pentágono e flanqueado por dous pináculos, sitúase unha base para unha espadana barroca de dous ocos. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto e coroado cun pináculo e unha cruz sinxela de forxa.Este segundo corpo está flanqueado por outros dous pináculos.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Curtis, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COIROS/documents/0130ca003.PDF (páxs. 2 e 12).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2474103676
Lonxitude: -8.12292583172
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84