Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Noalla (Santo Estevo)
Lugar: A Lanzada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequeno illote ao que se accede durante a baixamar. A día de hoxe é un lugar moi visitado pola presenza dun banco dende o cal se pode divisar unha fermosa vista.
A presenza de cerámica castrexa, prerromana e sigilata fala dunha posible utilización habitacional do lugar.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Existe unha lenda sobre este lugar que fala da existencia dun túnel que conectaría este lugar coa illa de Ons (a máis de 5 quilómetros).
A lenda conta que estas galerías subterráneas foron descubertas por uns mariñeiros cando se lle quedaron as nasas enganchadas.
“Segundo unha lenda local na cova do Outeiriño da Lapa na illa castro situada no santuário da Lanzada, un home que andaba perto comezou a ouvir unha música que proviña do interior da cova da illa: A cova tiña dous guardians. O home foi buscar um compañeiro para entretelos mentres el entrou, unha vez dentro a cova iase iluminado, andou mais para diante e a terra comezou a abrir, de supeto ergueuse dentre a terra un órgano cos canos retorcidos, ao pouco achegouse un home e comezou a tocar unha música moi alegre, o músico falou co home de que levaba ali moito tempo encantado, estaban a festexar a festa de fin de ano, decatouse de que ali habia mais xente, a terra voltou tremer mais non se preocuparon e comezaron a rir pensando que era unha brincadeira, Entón un tremor máis forte deixou caer as mesas e apagou case todas as lámpadas . Esta vez estaban asustados, pero xa era demasiado tarde porque o mar embraveceuse e a lama fervendo entrou. A maioria deles desapareceron pero algúns foron convertidos en pedra, tamén se disolveu o corpo do músico mais a sua alma e o instrumento permaneceron, e ainda moitas veces inda se escoita a música no Outeiriño e se ven persoas con roupas estrañas descalzos danzar enrriba do illote”.
“Curiosamente está cova relacionada coa música ten paralelos coa cova de Oweynagat no santuário prehistórico de Cruachan na Irlanda”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANXENXO/documents/0927CA002.PDF (Ficha CSX00-3 – Páxina 3)
https://masrutasymenosrutinas.com/sendeiro-maxico-da-lanzada/
BIBLIOGRAFÍA
PAZ FRAMIL, Alba Nélida. (2006). Contos e lendas da Lanzada. Ed: El taller del poeta.
QUINTÍA PEREIRA, Rafael. (2011). A Nosa Señora da Lanzada: estudio antropológico de un santuario costero. Ed: Librería Nós
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.432929153Lonxitude: -8.8743521406
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84