Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Betanzos
Parroquia: Requián (Santiago)
Lugar: Xanrozo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Recinto fortificado de planta elíptica situado a uns 190 metros sobre o nivel do mar. Consta de dous muros ou defensas, aínda que a exterior non chega a cinguir o castro. A defensa interior que cingue a croa ten unhas medidas duns 130 metros de diámetro Norleste-Suroeste por uns 101 metros Noroeste-Surleste. As defensas están formadas por un parapeto cunha altura que pode chegar o metro e medio na súa maior altura polo interior e cunha caída no seu exterior duns 8-10 metros de altura. Este talude cara ao exterior ten unha vertente case vertical, mentres que o talude interior é de suave pendente. A defensa continúa cun foxo duns 4,5 metros de ancho que se mantén ó longo de todo o conxunto castrexo. O segundo muro non chega a cinguir por enteiro o castro, na mitade Leste vai perdendo altura para dar orixe a unha plataforma horizontal. Consta dun só acceso pola parte Norte cara a Croa reforzando con dous montículos a defensa na entrada da segunda muralla.
Este castro ten boa intervisibilidade co Castrillón de Mondoi. Atópase ubicado no extremo sur do Concello de Betanzos nun rechán dentro dunha pendente dunha ladeira. No interior hai restos dunha torre no medio, quizais, segundo Río López (1986), dos séculos XII-XIII. Aparece citado a comezos do século X como Castrum Ieroncio, ligado á vila e igrexa do mesmo nome. Ten un bo control viario e a el chega unha vereda antigua citada nun documento do ano 1020. Segundo Monteagudo, a vía romana “Per Loca marítima” pasaba nesta zona polo castro de Xan Rozo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MONTEAGUDO GARCÍA, L.: “Los castros de la zona de La Coruña-Betanzos”. Actas do 3º Congreso Nacional de Arqueoloxía. Páx. 404-405.
-REY CASTIÑEIRA, P.: “Estudio y catalogación de castros de la provincia de La Coruña”. Gallaecia nº 7-8, páx 72, 1984.
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-i.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BETANZOS/documents/26373ca004.PDF (Páx. 26).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2527128272Lonxitude: -8.22812688223
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xose Troiano says:
Mar 1, 2018
Plano lidar da zona de Xan Rozo, Requián. Concello de Betanzos.
LiDAR-PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional- Xunta de Galicia. IET.