Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Abegondo
Parroquia: Limiñon (San Salvador)
Lugar: As covas-Guiliade
Outra denominación do ben: Castelo de Porcas
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A fortaleza emprázase sobre unha ladeira de suave pendente. A súa configuración topográfica non facilitaba a defensa, polo que se realizou unha obra considerable de acondicionamento e fortificación do emprazamento, reforzando o lado máis vulnerable que era a parte máis alta da pendente, no lado Nordés. Trátase dunha pequena elevación rochosa ou mota na que se organizan as súas defensas. Esta mota mide uns 5-6 metros de altura e na súa parte alta atópáse un recinto circular duns 30-35 metros de diámetro, feita artificialmente trala escavación do foxo na propia rocha natural. O foxo presenta un desenrolo importante, acadando os 2-3 metros de fondura e uns 10-15 metros de ancho. Hai numerosas alteracións no foxo (extracción de pedra, procura de auga entre outros) e a elevación central semella parcialmente destruída polos axentes naturais ou pola extracciónda pedra. A mota está cinguida por un foxo, precedido a súa vez por unha cerca de terra; polo Surleste o foxo aparece completamente colmatado polos derrumbes da fortaleza; ó Oeste, no lado máis proximo ó río, o foxo mide uns 8-10 metros de ancho e a cerca conserva uns 2-3 metros de alto. Ó Nordés coincidindo co flanco máis vulnerable e accesible, as defensas duplícanse habendo dous foxos e dous cercados que preceden a mota, nese lado os cercados conservan unha altura duns 4-5 metros. O xacemento en total ten unhas medidas duns 75 metros de diámetro, acadando uns 940 metros cadrados de superficie e sitúase a uns 70 metros sobre o nivel do mar. O río Mero cruza de Sur a Noroeste pola súa cara Oeste. Esta fortaleza foi unha das de nova construción en pleno século XV (posiblemente segunda metade do século) e, como noutros casos coñecidos, é posible que neste recinto se elevase unha soa torre.
No pleito Tabera-Fonseca, varias testemuñas declaran como se derrocara este castelo. Realmente algúns din que foi derrubada pola Santa Hermandade e outros, pasada a Hermandade, que foi derrubada polo gobernador, Fernando de Acuña. No que si coinciden era na propiedade da fortaleza, declarando que era de Diego de Andrade e que fora derrocada porque era “una de las fechas de nuebo e se agrabiaban dello los vezinos de Betanços”. Foran uns ou foran outros os que derrubaron a fortaleza, as testemuñas declaraban o seguinte:
Ruy Fernandez, o vello, plateiro e veciño de Santiago dun 70 anos de idade declara “que vido que en este Reino de Galizia, hespeçialmente en esta çiudad de Santiago e su tierra e comarca e villa de Pontevedra e ria de Arousa e çiudad de Cruña e Betanços e Lugo e Bibero e las tierras e comarcas dellas se llebantaron los pueblos y gente comun del con boz e apellido de Sancta Hermandad contra los caballeros y perlados del y contra los malfechores del dicho Reino, deziendo que entonçes la dicha gente comun resçibia grandes daños de los dichos caballeros y fidalgos e de sus fortalezas, porque robaban dellas y les tomaban bacas y bois y diz que les forçaban sus mugeres e que al dicho tienpo que ansi se llebantaban azian sus cuadrilleros y alcaldes de Hermandad e diputados por las colaçiones y tierras y partidos del dicho Reino, los quales dichos alcaldes tenian y traian baras de justiçia e azian muchos capitulos y leis para la gobernaçion del Reino e de las tierras del, los cuales dichos capitulos que ansi se fizieron, este testigo tubo en su poder y los leio muchas vezes y despues los perdio e entonçes que ansi andaba la dicha Hermandad fue publico y notorio que ella y la gente que en ella andaba derrocaran todas las fortalezas y casas fuertes del Reino de Galizia que no dexaron sino la fortaleza de Panbre y otra del quel testigo no hes acordado como quiera quel testigo no las vido derrocar, pero bido despues derrocadas algunas fortalezas del dicho Reino de Galizia hespeçialmente la fortaleza de Porras…”. Outras testemuñas que coinciden que as derrocaran as Hirmandades son Pedro de Vigo, ferreiro, veciño de Santiago de 80 anos de idade, Gonzalo de Arçeu, veciño tamén de Santiago de 70 anos que declaran que “oyo dezzir que la dicha hermandad derrocara muchas fortalezas en el dicho Reino de Galizia hespeçialmente la fortaleza de Porras que hera de Diego d`Andrade…”
As testemuñas que declaran que foi mandada derrubar por Fernando de Acuña son os seguintes: Alfonso Mosqueira, veciño de Santa María de Vigo, de 80 anos de idade que declara “despues que bino a este Reino de galizia don Fernando de Acuña derrocara la fortaleza de Porras que era de Diego de Andrade…””…porque dezian que dellas se hazian robos y males y se acogian en ellas muchos malfechores y se la hizo derrocar”.
Ruy D`Ois, labrador e veciño de “Santa Baya de Curtes” de 70 anos de idade declara “que despues de pasados las dichas hermandades, bio benir a este dicho Reino de Galizia por Gobernador del a don Fernando de Acuña el qual siendo tal Gobernador dize el testigo que fiziera derrocar las fortalezas de Porras que hera de Diego de Andrade e a la fortaleza de Motrin que hera ansimismo del dicho Diego d`Andrade e que al dicho tienpo los derribara porque dezian que heran casas de ladrones…”.
Juan de carballido, veciño de Betanzos, de 85 anos de idade declara ” que lo que della save hes que despues de pasada dicha hermandad que derrocó las dichas fortalezas en el dicho Reino de Galizia segun dicho tiene en las preguntas antes desta, bio benir al dicho Reino de Galizia por Gobernador del a don Fernando de Acuña y con el por Oidor al Liçençiado Chinchilla e que ansi benidos dize este testigo quel fiziera e mandara derrocar ala fortaleza de Porras que estaba a media legoa de la çiudad de Betanços y este testigo fuera al derrocamiento della por su mandado y hestubo a ella presente…”
Esta fortaleza encontraríase dentro dos límites actuais do coto do mosteiro da Santo Estevo de Piadela, segundo a demarcación que fai o rei Alfonso V no ano 1020. Este coto pasou a Igrexa Compostelana no século XI e mantívose na súas mans por longo tempo. No ano 1435, a fegresía de Guiliade que estaba dentro dos antigos términos do coto e que era onde se atopaba a fortaleza de Porras ou Porcas, a tiña Arias Pardo das Mariñas merced a unha carta de título outorgada polo arcebispo compostelano.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15009004
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo recolle Fachado Estévez “que neste lugar os veciños de Guliade lembran a existencia dunha elevación do terreo coñecida como “O Castelo”; do mencionado castelo podianse ver, non fai moitos anos, algúns muros de cantería, conservándose a lenda de que partían dous túneles dende o castelo; un en dirección ó río Mero ó que os mouros baixaban a abrevar os seus cabalos; e un segundo que ía dar á aldea de Xan Rozo…”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-DEL CASTILLO LÓPEZ, A.: Boletín da Real Academia Galega, Tomos IV, VI, VII, XII,XIX.
-FACHADO ESTÉVEZ, A.: “Fortalezas bajomedievales del norte de Galicia: el fenómeno de fortificación en el contexto de la revuelta irmandiña”. Memoria de licenciatura inédita. Santiago de Compostela, 1990.
-MARTÍNEZ BARBEITO, C.: “Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña”. Diputación Provincial da Coruña, Editorial Everest, 1986.
-RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A.: “Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños”. Tomos I y II. Fundación Pedro Barrie de la Maza, Conde de Fenosa. Galicia Histórica. Preparada por el Instituto “P. Sarmiento de Estudios gallegos”, 1984.
-RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A.: “O Tumbo Vermello de don Lope de Mendoza”. Santiago, 1995.
-RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A.: “Documentación Medieval del Archivo Histórico Diocesano de Santiago: Libro de feudos de diferentes bienes, feligresías, cotos y jurisdicciones”. Compostellanum, nº 3-4 (1992).
-SÁ BRAVO, H.: “El monacato en Galicia”. Volume I. A Coruña, 1972.
-VALDÉS BLANCO-RAJOY, M.R.: “Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta Jacobea entre Santiago y Betanzos”. Consejo superior de investigaciones científicas (CSIC). Santiago de Compostela.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca002.PDF (Páx.2 e 41).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.252088781
Lonxitude: -8.2500799333
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84