Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Moreira (San Martiño)
Lugar: Urcela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Trátase dunha das catro pontes de orixe romana que cruzan o río Tea ata que conflúe no Miño. Na época medieval sufriu varias reformas nos séculos XIV e XV.
Consta de catro arcos, dous apuntados e dous de medio punto. Ten 41 metros de largo por 4 de ancho.
Sobre a ponte contan unha serie de lendas antigas. A primeira trata sobre o seu nome, xa que alí unha banda de ladróns reuníase despois de roubar para facer as partidas de botín. Outra trata sobre un grupo de cabaleiros que soia reunirse alí antes de partir nas súas loitas contra os mouros.
Pero a máis fermosa conta coma sete irmáns xuntábanse alí antes de partir a predicar a palabra de Cristo e co tempo tiñan que voltar para volver a xuntarse e partir de novo cos seus cometidos. Foi tanta a súa labor en favor do ben, que cando morreron, creceron sobre os seus corpos sete montes que miraban cara a ponte. En todos estes montes erguéronse capelas na súa honra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A ponte aínda segue a soportar o paso de vehículos, o que non axuda moita a súa boa conservación
Onde está localizado
Latitude: 42.1460286443161Lonxitude: -8.512998819351196
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Nov 25, 2011
Como información complementaria, a ficha do catálogo de Bens do pxom de Ponteareas :
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTEAREAS/documents/0861CA005.pdf
(Páxina 6 de 7)
Oscar Franco says:
Mai 28, 2013
Engado este enlace con información de tradición oral:
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=450&n=a_ponte_das_partidas_e_os_sete_santos
Oscar Franco says:
Xuñ 23, 2016
Unha referencia bibliográfica deste ben:
LÓPEZ CORDEIRO, Mª del Mar. “Resultados obtenidos en la intervención arquerológicaen el Puente de las partidas (Ponteareas, Pontevedra)”. 2007. (En Liña)