Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Betanzos
Parroquia: Requián (Santiago)
Lugar: Requián
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo barroco de planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio cuadrangular que sobresae por riba do teitume da nave e, ó que lle foi engadida unha pequena sancristía. No interior, o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal. Os muros son de carga, e a cuberta faise a dúas augas ,a nave e a catro na ábsida, cunha cubrición de tella curva do país. Aos pés da nave atópase unha tribuna, que recibe luz natural ó través do oco situado sobre a porta principal. Desta tribuna parte a escaleira que leva ó campanario, cun último tramo que discorre polo penal da cuberta. Inda que a igrexa posúe unha base estructural románica, nela fixéronse algunhas remodelacións que na actualidade agochan ó edificio orixinal. No exterior, a fachada principal concentra toda a decoración. Segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e, rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana de dous corpos, que sobresae por ter unhas proporcións superiores ás da fachada en que se inscribe, provocando no conxunto unha sensación de inestabilidade, o que nos sitúa ante unha das características do barroco, na que a tendencia de leva-los grandes volumes ás partes altas é unha constante. O primeiro corpo da espadana está formada por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las campás. No segundo corpo, un frontón triangular curvo e oco rematada por unha cruz de forxa sobre un pináculo e flanqueada por outros dous pináculos con bóla.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2582750612
Lonxitude: -8.23493254366
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84