Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Cuíña (Santa María)
Lugar: Bendrade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Esta pequena ermida de san Xoán da Rosa é un templo de estrutura arquitectónica moi sinxela que posúe planta rectangular e unha soa nave. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Os muros están construídos en cachotería con enfoscado de cemento e a cantería só queda á vista nos vanos dos ocos e na espadana. A fachada é moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela cuadrangular e, rompendo o vértice do pentágono, unha pequena base para unha espadana dun corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e que servía pra aloxa-la campá que agora non ten. O conxunto está coroado por unha cruz octogonal sobre un acroterio e flanqueado por dous pináculos piramidais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Neste fermoso lugar aínda se mantén unha fermosa tradición. Na víspera de San Xoan, despois de porse o sol, vaise á fonte a lava-la cara coa auga e sécase cun pano que logo átase nas ramas dos arbustos que medran xunto o cano. O que non pode ir de víspera ten que ir ó mencer, pero antes de que saia o sol. A Romería de San Xoán da Rosa, en Bendrade, celebráse dende fai moitos anos nesta localidade e que se repite tódolos anos. É unha das tradicións máis singulares da comarca orredor da máxica noite de San Xoan.
A esta romería acoden dende fai moitos anos, numerosas familias e moitos aproveitan para lavarse coa auga desta fonte porque a tradición di que ten propiedades curativas para a pel, sobre todo contra a rosácea, de aí o nome de Romería de San Xoán da Rosa de Bendrade. Os que non cumplen o rito do pano amarrado ás ramas da árbore, recollen auga na fonte e lévana para casa (sempre entre a posta e a saída do sol na madrugada do día de San Xoan) para deixar repousar nela o fiuncho e a herba de Santa María e lava-la cara con esa auga á mañá seguinte.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/06/19/arbol-da-panos-san-juan/1080985.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA002.PDF (Páx.9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2448744832
Lonxitude: -8.21532189846
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84