Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Vivente (Santo Estevo)
Lugar: Vivente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A ermida de santo Estevo de Vivente está situada nun contorno rural. Trátase dun templo de traza popular, cunha estrutura arquitectónica sinxela, de planta rectangular e unha soa nave. A cuberta organízase a dúas augas e a cubrición faise a base de tella árabe. Cara ó exterior distínguense dous niveis de cuberta, o da nave e a parte correspondente á cabeceira, nun nivel lixeiramente máis baixo.
Os muros son de cachotería e están enfoscados estando a cantería á vista nas esquinas e nos ocos. A fachada principal é de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai un oco de luz cuadrangular e no vértice do pentagono sitúase unha sinxela espadana dun só oco formado por un arco de medio punto sobre piares que serve para aloxa-la campá. O conxunto está coroado por unha cruz cuadrangular.
Moi posiblemente, esta ermida foi construída sobre outra máis antiga, de época visigótica ou quizais máis antiga pois, na zona atopouse unha pedra de pequenas dimensións (68 cm de longo por 18 cm de alto e 20 cm de grosor), que despois de varios lugares en depósito, o museo arqueolóxico de San Antón foi quen de poder recuperar e tela na súa garda. Dita pedra de pizarra contén unha inscrición de escritura visigótica do século VIII-IX ou incluso máis tarde. Esta pizarra é moi posiblemente o inicio dunha inscrición, xa que empeza cunha cruz, e poidera ser que houbera outra ou outras que a continuara. A inscrición pon: “+.SCI.COS.MAQ”, (“+” sería unha cruz e a “M” serían dous triángulos unidos polas seus vértices, dados que non podo escribilos como é debido). Segundo Isidoro Millán González-Pardo publicado no Anuario Brigantino de Betanzos, formula dúas interpretacións. A primeira, supoñendo que a “Q” fose un”R” diría así: “+S(an)c(t)i COS(mae) MAR(tyris) (et Damiani…). Isidoro Millán dándolle outra volta pensa que a segunda interpretación é a máis axeitada xa que a última letra sería un “Q” e a “M” sería un compendio de letras. En tal caso, a primeira metade do “M” sería igual a un (D) máis “^” sería unha (A); constituída pola prolongación das astas internas da letra, máis “M” igual a (M); perfil total da mesma, màis “I” igual a (I); implicada ou embebida na última asta vertical da M e que daría o resultado de :”DAMI…”.
Na segunda “A” cuxo traveseiro forma un ángulo infrecuente, co vértice cara abaixo, teríase o nexo das tres letras de “ANI”.
E a última letra sería en efecto unha “Q”sigla da partícula enclítica “Q(ue)”. esta interpretación sería a que mellor encaixa coa inscrición: “+S(an)c(t)i COS(mae) DAMIANIQ(ue)…”
O epígrafe sería a conmemorativo da erección ou consagración da igrexa. seguiríalle algún texto e remataría coa palabra ERA …”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MILLÁN GONZÁLEZ PARDO, I.:”Inscripciones medievales de San Estebo de Vivente y de San Marcos de Muros”. Anuario Brigantino nº 5, 1982.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA005.PDF (Páx-5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2421979862
Lonxitude: -8.22901658391
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84