Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pantón
Parroquia: Pombeiro (San Vicente)
Lugar: San Cosmede
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequena capela feita a base de perpiaño e cachotería granítica, con planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na súa fachada principal unha porta de aceso lintelada e unha espadana dun so oco con arco de medio punto e remate en cruz pétrea.
Existe documentación bibliográfica do ano 997 no que se menciona unha ermida de sancto Cosme et Damiano: “… et altera eremita que vocitatur Sancto Petro”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000020293
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
A festa máis grande de San Cosmede era o domingo de Pascua.
Viña xente dende Lornís, Pombeiro e e Os Peares. O cura que oficiaba a misa, viña dende Pombeiro e cruzaba a San Cosmede en barca.
Da capela sacaban as imaxes en procesión, ata onde comeza a baixar cara a aldea, ao volver ían por detrás da capela. Ao chegar á entrada celebrábase unha poxa para ver quen metía ao Santo dentro.
Por esta data comían sopa e carne, normalmente año e carne asada. Así dicían que non chegaban 3 becerros pra alimentar a toda a xente que acudía á festa. Logo remataban o xantar con licor café e roscón. A sobremesa era moi longa, así sentábanse ás 14h e ata á noite non levantaban”.
Información recollida de José Manuel Rodríguez (Facebook “Segredos de Pantón)
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.seminariodelugo.org/web/images/Lucensia/L-41.pdf?fbclid=IwAR1ek0qJ2qtlStpOhzJzj89yE89qHMajVji4hnEfR4j_gNbZCVgrQN7xKP8 (enlace en liña da revista LVCENSIA – Miscelánea de cultura e investigación. Biblioteca Seminario Diocesano. Nº 41 (Vol. XX). Lugo, 2010.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.430157564Lonxitude: -7.69194571214
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84