Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Cuíña (Santa María)
Lugar: Cuíña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa de Cuíña é un templo románico de principios do século XIII, dunha soa nave con ábsida semicircular, e sancristía apegada na fachada sur. De dimensións reducidas, posúe dúas portas de acceso, unha na fronte e outra no muro lateral dereito. A entrada á ábsida realízase interiormente por medio dun arco triunfal de directriz vertical, apuntado que se apoia sobre semicolumnas apegadas con capiteis decoradas con follas de volutas. A ábsida está organizada con tres vans e dous estribos e cada van posúe unha estreita saeteira. Debaixo de cada saeteira ten unha pedra cuns animais esculpidos. O conxunto da igrexa está construído con cantería de boa factura e cachotería. No interior, o coro e a cuberta utilízase o forxado de madeira. hai que sinalar tamén, a utilización de pavimento de terrazo en substitución do lousado de granito orixinal.
A fachada é resultado da modificación barroca, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba mediante unha portada en arco apuntado de finais do século XVIII. Sobre o ingreso vai un oco semicircular e, rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous coorpos flanqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las campás. Separado dun gran beirado, o segundo corpo fórmao un frontón triangular curvo cun oco circular no medio. Está flanqueado por dous pináculos moldurados con bola e coroado por outro pináculo moldurado rematado con bola.
A mediados do ano 1971, o renovar un retablo da nave, descubríronse unhas pinturas murais, ocultas ata entón por varias capas de caleado. Ó ano seguinte, a Fundación Juan March subvencionou os gastos de limpeza e fixación das pinturas. As pinturas foron realizadas no século XVI e nelas ilústranse escenas bíblicas.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.:”Arquitecturas da provincia da Coruña, Aranga, Cesuras, Coirós, Oza dos Ríos e Vilasantar”. Volume XVI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA002.PDF (Páx 11).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2266637906Lonxitude: -8.21582099642
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84