Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Allaríz
Parroquia: Augas Santas (Santa Maríña)
Lugar: Armeá
Outra denominación do ben: Cibdá de Armeá - Castro da Atalaia de Armeá - Cidade do Monte das Muradellas ou dos Pendóns
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O castro de Armea é un complexo dunha extensión de 4,8 ha de planta ovalada con dous redutos defensivos formados por murallas pétreas de aparello irregular de entre 3 e 4 metros de altura. Estivo ocupado dende os séculos IV ou III a.X. ata o IV d.X., xa moi romanizado.

A zona máis antiga dos castro foi escavada por Francisco Conde-Valvís no ano 1957. Nestes traballo se atoparon varios espazos habitacionais de dous andares con adros porticados comunicados por rúas pavimentadas. Tamén se atopou gran cantidade de restos indíxenas e romanos hoxe no Museo Arqueolóxico de Ourense.

O castro foi escavado novamente nos anos 2011 e 2014. Atopouse numeroso material como pezas de vidro galaico-romano, cerámica fina e obxectos dun tear.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32001001 // RI.000022989
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nas escavacións de 2011 se atopou unha figura coñecida como “o guerreiro Alaricano” (http://www.musarqourense.xunta.es/peza_mes/guerreiro-de-armea/).
Trátase dun torso de guerreiro galaico cortado por debaixo da cintura. Sábese que perdeu a cabeza no século XX cando foi reaproveitado para tapar unha canle de auga.
Leva brazais, escudo tipo caetra, cinto e espada tipo parazolium empuñada sobre o peito.

Atopáronse tamén medio cento de pedras de forma circular con esvásticas, pedras de xambas ornamentadas, cerámicas lisas e decoradas con incisións e cravos de ferro.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

A quinta campaña de escavación deste conxunto deixou ao descuberto a totalidade da zona da atalaia, na que se atoparon restos moi relevantes para o xacemento.


Referencias bibliográficas:

http://www.allariz.gal/administracion/wp-content/uploads/2017/04/catalogo_arqueoloxia.pdf (Páxinas 5 a 8)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://proxectoarmea.wordpress.com/
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/11/castro-de-armea.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/ourense/castroarmea/
http://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/30862/castro-de-armea?langId=es_ES
http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/2015/11/castro-cibda-de-armea-allariz.html
http://desdemiascensor.blogspot.com.es/2016/09/persiguiendo-leyendas-en-armea.html
http://www.musarqourense.xunta.es/peza_mes/guerreiro-de-armea/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2459830875
Lonxitude: -7.7934333617
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84