
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Cos (San Estevo)
Lugar: Cos
Outra denominación do ben: Cruceiro de Cos
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular rematado con chafráns. Ten un peto de esmolas adousado ó pedestal. O varal é octogonal que soporta un capitel cuadrangular moldurado. No capitel ten unha placa de mármore que di:”LIMOSNA ÁNIMAS Y S. ANTONIO”. A súa cruz é octogonal con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz ten unha imaxe de San Antonio de Padua. O cruceiro é todo de pedra cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Do século XX cara atrás, cando as xentes ían cos seus animais a feira de Betanzos ou simplemente pasaban polo cruceiro, adoitaban meter unhas moedas a San Antón para que os seus animais non tiveran enfermidades e naceran e se criaran sans.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca004.PDF (Páx 60).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2341212762Lonxitude: -8.24505978467
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84