Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Cos (Santo Estevo)
Lugar: Barral, Cos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada nunha área rural, a igrexa de Santo Estevo presenta planta rectangular e unha soa nave, cun corpo rectangular apegado ó muro do presbiterio, que funciona como sancristía. Os muros son de carga; cachotería de pedra, con pezas regulares de cantería utilizadas para defini-las esquinas. No interior, estes muros preséntanse revocados e pintados de branco na ábsida, mentres os restantes posúen a pedra á vista. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
Un arco triunfal, semicircular, delimita os espacios interiores da nave e o presbiterio, ámbolos dous con bóvedas rebaixadas e cubertas cunha armazón de madeira, aínda que posúen curvaturas diferentes. Ós pés da nave sitúase un coro alto, levado a cabo cunha estrutura de madeira.
A volumetría do edificio denota ó exterior, en altura, os corpos correspondentes á nave e á ábsida, esta última lixeiramente máis baixa. Os muros están revestidos e pintados de branco, agás os ocos, esquinais e fachada principal. No muro sur presenta unha porta rectangular alintelada e unha xanela rectangular ó igual que no muro da ábsida. No piñón do muro da ábsida sitúase unha cruz octogonal de pedra.
A fachada de traxa sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular; cunha lixeira curvatura adovelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular que ilumina o coro e, rompendo o vertice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos flanqueada por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo da espadana está formado por un arco de medio punto sobre piares que serven pra aloxa-la campá. O segundo un frontón triangular curvo cun oco circular coroado cun pináculo con bola e unha cruz de forxa flanqueado por dous pináculos piramidais rematados cunha bola.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.L.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca004.PDF (Páx. 53).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2343829367
Lonxitude: -8.24281159058
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84