Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Poedo (Santa María)
Lugar: Bouza da Pena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
En penedo con unhas medidas de 10m de longo por 7 de ancho e 2m de alto, sitúanse varios motivos gravados maiormente na superficie superior.
Trátase de preto de un cento de coviñas espalladas pola superficie da peneda. En algunha zona entre o lado sur e poñente, baixan varias cazoletas pola superficie lateral ata chegar a altura do terreo.
Estas coviñas teñen unhas medidas de entre 3 e 6cm de diámetro e unha fondura de 1 a 3cm. Varias de estas cazoletas están unidas con sucos de entre 2 e 3cm de ancho por 1,5 aproximadamente de fondos. Tamén se distingue unha figura feita con varios sucos, sen mediar coviña algunha.
A figura que mais nos chama a atención e a formada por un circulo de uns 10cm de diámetro que no seu interior ten unha de estas pequenas pías, da que sae unha canle de uns 30cm en dirección a poñente.
Atópase na chamada Bouza da Pena, topónimo en clara alusión a esta pedra, aínda que a zona ten outras penedas con gravuras, non sendo tan espectaculares como esta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.18887Lonxitude: -7.690647
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84