Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Poedo (Santa María)
Lugar: Aira do Liñar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Aira comunitaria situada ao Sur da aldea, os canastros distribúense sobre un terreo inclinado formando varias filas e columnas orientando os costais ó Sur. A maioría de estes, están asentados sobre a peneda, estando acondicionada a súa superficie para asentar os pés.
Agrupación formada por oito (8) hórreos, con estrutura mixta (pedra-madeira). Cando non é posible o emprazamento do hórreo próximo á vivenda debido ás características da aldea, procúrase un lugar para a súa ocupación onde poidan acceder tódolos membros propietarios.
Deberan estar protexidos polo decreto 449/1,973, do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os “hórreos” ou “cabazos” antigos existentes en Galicia e Asturias.
Noutrora esta aira dedicouse a preparar o liño, quedando o topónimo de esa laboura agrícola tan importante noutros tempos.
Recentemente acondicionáronse a maioría de estes canastros, limpando a pedra e reparando ou substituíndo a madeira en mal estado.

Como nota curiosa, dicir que estes oito canastros teñen a mesma tipoloxia, mixta (pedra-madeira), tendo tamén o mesmo tipo de pés, feito por dous perpiaños en posición horizontal e baleirada a parte central con un recorte circular cóncavo.

O canastro mais abundante nestas terras é, seguindo a clasificación de Ignacio Martinez, o das terras orientais, de tipoloxía mixta (pedra e madeira), e única (madeira), con ou sen celeiro, segundo o caso.
O canastro tradicional desta comarca, sen dúbida o maior expoñente etnográfico e artístico destas terras, érguese maiormente sobre unha soleira empedrada ou aterrada nos mais dos casos. Sobre esta superficie sitúanse os pés, uns elementos compostos por unha breve columna de sección cuadrangular con arestas biseladas, rematada nun tornarratos con forma rectangular de pedra e con cabezas redondeadas, se son enteirizas, ou totalmente redondas, se son independentes os de cada pé, e que ten por obxecto imposibilitar o acceso dos roedores á cámara.
O número de pés varia en función do longo da cámara, sendo a media ducia o exemplo máis habitual.
A cámara é o elemento principal de este tipo de edificación. De planta rectangular, pode estar estruturada en un, dous, tres, catro, cinco e ata seis claros, que son como se denominan aos treitos de parede de madeira ou cantería, separados entre si por trabes pétreas verticais , que dividen o lateral dos canastros.
Os costais, onde nas mais das ocasións se sitúan os accesos a este peculiar almacén, péchanse con unha serie de táboas en sentido vertical, reforzadas horizontalmente con faixas, que deixan físgoas de entre 1 e 2 cm de apertura para permitir o paso a o vento que a de secar o gran.
Pola súa parte o frontal ou penal, pode estar configurado indistintamente polo mesmo modelo anterior, ou ben con un simple muro de perpiaño, no que tamén é posible ubicar un vano no que instalar a porta de entrada.
En ocasións a construción remátase con unha armazón de madeira que soporta un tellado a dúas augas, case sempre de tella curva, ornamentado con unha cruz e un pináculo ou bico na cumieira, a xeito de símbolos de carácter profiláctico laudatorio.
Os canastros ourensáns sitúanse nos lugares mais elevados dos eirados, ademais de sobre os valados que pechan estes, e mesmo sobre camiños, practicando sobre estes unha especie de ponte a xeito de portalón ou entrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/POEDO-PONTE%20AMBIA-PRESQUEIRA.pdf (Pax.4)

https://www.foro-ciudad.com/orense/poedo/fotos/139221-poedo-028.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.190109
Lonxitude: -7.6909
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84