Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Almeiras (San Xiao)
Lugar: Igrexario de Almeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular e cunha mesa exenta. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Ten un capitel cuadrangular moldurado que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos en chafrán e con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito e sobre unha peaña. O cruceiro é todo de pedra cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3075402567Lonxitude: -8.36688238346
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84