Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Leiro (Santa María)
Lugar: Rial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Construción de planta rectangular feita tanto con muros de cachotería como de cantería. Tellado a dúas augas formado por grandes lousas de granito. O perímetro dos muros, á súa vez, tamén está protexido por unha cornixa de granito. Na porta ten un lintel a modo de pedra fundacional onde se pode ler: “HIZO D. BALTASAR BLANCO EN EL AÑO DE 1832”. Na porta de madeira, que está na fachada norte, ten uns debuxos moi curiosos, feitos cun obxecto metálico que representan un, ou varios barcos de vela.
Atópase no camiño que vai para o porto de Leiro xa na desembocadura do chamado “Río do Mar” que o abastece de auga. Hai unha ponte de pedra, de bonita factura, en fronte a este muíño formando un conxunto paisaxístico único co porto alí mesmo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: M-015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6531038596
Lonxitude: -8.76968898848
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84