Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Mariña Central (comarca) / Mondoñedo
Parroquia: Argomoso (San Pedro)
Lugar: Monte da Arca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

En decembro de 2015 o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza incluía no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos un novo sitio arqueolóxico coa denominación Castelo de Monte da Arca e clave de identificación GA27030036.
Foi por iniciativa de Mariña Patrimonio que este xacemento da idade do ferro, coñecido como o Castro do Monte da Arca de Argomoso, acadou a protección oficial, aínda que xa fora recollido e descrito polo historiador José Villamil Y Castro no seu libro “Los castros y mámoas de Galicia” en 1876.
Tiña unha feitura semicircular e estaba defendido por un triple parapeto e foxo, dominando a cidade de Mondoñedo dende a que era perfectamente visíbel cuberto por bosque autóctono.
O sitio arqueolóxico foi arrasado en marzo do 2016 pola maquinaria pesada utilizada nos labores de roza do bosque posterior subsolado profundo para a realización dunha plantación de eucaliptos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA27030036
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2015/12/o-castelo-do-monte-da-arca-de-argomoso.html
http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/2016/03/un-castro-recen-inventariado-en.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O lugar arqueolóxico foi totalmente arrasado en Marzo de 2015 para poñer unha plantación de eucaliptos.


Onde está localizado

Latitude: 43.4147280197
Lonxitude: -7.34583406831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84